O luns, día 25 de xullo, celebrase o Día da Patria Galega.
As orixes da celebración remontánse ó ano 1919, ano en que se reunen en Compostela as Irmandades da Fala e acordan que nesta data teña lugar o Día Nacional de Galicia.
Dende entón, cada día 25 do mes de xullo, os galegos e galegas recordamos a Rosalía, Losada Dieguéz, Vicente Risco, Otero Pedrayo, etc. e honramos a nosa bandeira, o noso himno e sobre todo o noso idioma, do cal Castelao dicía «se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma».
Esta é unha fin de semana de festexo, sirva esta publicación coma homenaxe ó día de todos os galegos e galegas.